Santiago.2/6/2022
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental organiza un novo curso online “ADGD050PO CONTROL DE QUEIXAS E RECLAMACIÓNS" do seu programa integrado de emprego 2021/22. Recursos Galicia é a empresa seleccionada polos comerciantes da zona histórica para impartir esta formación.
O curso, que rematará rematará o día 16 de xullo, persegue que ás alumnas do mesmo aprendan a distinguir os distintos tipos de incidencias na venda, así como analizar as informacións para conseguir un seguimento e control de calidade.
En total serán 20 horas de teleformación..
Esta actividade de Compostela Monumental forma parte dos Programas Integrados de Emprego de Galicia, mediante fondos finalistas transferidos polo Servicio Público de Empleo Estatal, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.