Santiago.12/7/2022
Máis de 150 empresas de Santiago e Comarca respaldan e colaboran có Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental, no que os comerciantes do casco histórico forman, asesoran, orientan e procuran un posto de traballo a 100 mulleres desempregadas de baixa cualificación e en risco de exclusión social, en colaboración có Servicio Público Estatal de Empleo e da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.
As distintas empresas colaboran no Programa Integrado de Emprego de distintas formas, todas elas importantes no proceso de formación e colocación das alumnas participantes, como por exemplo acolléndoas en prácticas formativas, participando en charlas de orientación e asesoramento, así como na contratación daquelas que consideran interesantes para os postos de traballo que precisan cubrir na estructura das suas empresas.
Compostela Monumental ao longo do Programa, amplía o numero de empresas do sector comercial, ocio, turismo e servicios que se suman a esta iniciativa có obxetivo de lograr a máxima insercción laboral posible, estabrecido nun mínimo dun 45%.
Na foto adxunta, Zeltia Lago, Directora Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con José Manuel Bello Rey, Presidente de Compostela Monumental, nun acto de entega de Diplomas do Programa Integrado de Emprego.