¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Más información - Aceptar.
Compostela Monumental
Secciones
Buscar
Síguenos en las redes

O Delegado da Xunta de Galicia na  Coruña visitou as nosas instalacións en compaña de Borja Verea, candidato do PP á Alcaldía

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Xunta pon en marcha axudas por importe de 2,75 millóns de euros para o financiamento de diferentes iniciativas de promoción e dinamización comercial

Santiago.2/3/2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes do centro comercial aberto Compostela Monumental na que destacou o papel das asociacións na competitividade dos negocios locais e no que se avaliaron as principais liñas de traballo para este ano. 

O representante do Goberno autonómico lembrou que a Xunta de Galicia apoia con 2,75 millóns de euros o labor dos centros comerciais abertos e das federacións e asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal no impulso ao comercio de proximidade galego, a través de dous programas de axudas cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 9 de marzo. 

Por unha banda, destínanse 2,25 millóns de euros para os centros comerciais abertos, que contarán con axudas de ata 52.000 euros, en función do número de comercios asociados, apoiando así ás asociacións que atraen un maior número de negocios. Entre as actuacións subvencionables atópanse o mantemento de portais de marketplace e iniciativas de dinamización comercial e de fidelización da clientela, ademais do mantemento da unidade xerencial. 

Por outra banda, o programa destinado ás asociacións de ámbito superior ao municipal e federacións conta cun orzamento de 500.000 euros. Entre as actuacións subvencionables atópanse as campañas e eventos de promoción e dinamización comercial. 

A través destas dúas convocatorias o ano pasado obtiveron apoios 7 asociacións e federacións de comerciantes da comarca de Santiago (entre elas o centro comercial aberto Compostela Monumental que obtivo máis de 51.000 euros) con axudas que suman preto de 228.000 euros cos que se mobilizaron máis de 290.000 euros. 

Ademais destes programas, tamén está activa a convocatoria de axudas por 3 millóns de euros para impulsar a modernización e a dixitalización do sector comercial e artesán galego.

  COMPARTIR: