Santiago. 23/5/2022
Hoxe a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental pon en marcha o curso FCOO06 “Establecemento de Obxectivos Profesionais e Plan de ación" do seu Programa Integrado de Emprego no que participan máis de 100 personas desempleadas que están sendo formadas, orientadas, asesoradas e ás que os comerciantes da zona histórica procuran traballo nos sectores do comercio, ocio e servicios.
O curso, pretende que as participantes identifiquen o obxectivo profesional e realizar unha planificación da procura de emprego, describir aquilo que queremos conseguir a nivel profesional en termos dun obxectivo alcanzable e tomar as decisións que leven a minimizar as diferenzas existintes entre o obxectivo desexado e a realidade.
CONTIDOS DO CURSO:
Módulo 1 Establecer o obxectivo profesional:
.- Postos de traballo foco de interese, análise do posto.
.- Intereses e motivacións, que quero conseguir.
.- Coñecementos, habilidades e características persoais, Que podo achegar.
.- Análise do axuste co posto.
Módulo 2 Plan de acción para a consecución do obxectivo:
.- Toma de decisións sobre accións a executar.
.- Deseño dun plan de acción.
.- Asumir compromisos persoais na procura de emprego.
.- Xerar novas oportunidades e retos.
Debemos lembrar que esta acción formativa continúa continúa có itinerario formativo de Turismo, e que forma parte dos Programas Integrados de Empleo de Galicia, mediante fondos finalistas transferidos polo Servicio Público de Empleo Estatal, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso, inmpartido pola Coach Nelly Rey Rey, conta cun total de15 horas formativas dun temario que se desenvolverá presencialmente ata o día 30 de maio de xeito presencial nas instalacións que Compostela Monumental ten na Rúa Algalia de Arriba 31.