O proxecto Rede Aberta permitirá enlazar a todos os asociados entre si e coa Asociación Compostela Monumental a través dunha rede rede sen fíos que favorecerá o contacto permanente entre eles e coa Asociación.

O sistema permitiralle ademais, aos seus asociados, a conexión gratuíta a Internet, mediante un ordenador e unha tarxeta sen fíos, desde calquera punto do casco histórico compostelán .

Unha rede sen fíos permítelle aos seus usuarios conectarse a unha rede local ou a Internet sen estar conectado físicamente: os seus datos (paquetes de información) transmítense polo aire. Este feito proporciona unha gran mobilidade sen perder conectividade. O atractivo fundamental deste tipo de redes é, entre outras cousas, a facilidade de instalación e o aforro que supón a supresión do medio de transmisión cableado