A web do CCA Compostela Monumental centralizará toda a xestión relativa ao CCA e fomentará a comunicación interna entre os asociados e  externa cos cidadáns. Contará, entre outras, coas seguintes seccións:

  Central de compras, que lles permita aos asociados facerlles pedidos conxuntos aos proveedores para reducir custos.
  Tenda virtual, que porá en contacto a clientes e comercios de xeito que os productos poidan ser adquiridos a través da      Web. O visitante poderá realizar un percorrido virtual polas rúas do casco histórico compostelán coa posibilidade de      adentrarse nos distintos establecementos dos asociados ao proxecto.
  Servicios a asociados, como son o de Reparto a domicilio, de profesionais de pequenas reformas e mantemento,      servicio de locais baleiros no casco histórico...
  Conta de correo electrónico propia para asociados.
  Sistema de alerta en tempo real que lle ofrecerá información, entre outras cosas, sobre os últimos acontecementos que      ocorren na cidade.
  Bolsa de emprego.
  Ademais, a web servirá para amosar as ofertas, campañas promocionais, información sobre a Asociación aos clientes,      realizar enquisas de cara a mellorar os servicios, facilitar a comunicación do CCA cos distintos asociados, etc.