Informar e difundir entre as PEMES participantes as vantaxes e oportunidades que proporciona a integración das Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións no comercio

Facilitarlles aos socios do proxecto o acceso a servicios especializados de comunicación proporcionando infraestructuras axeitadas que permitan prestar devanditos servicios

Proporcionarlles ás PEMES do proxecto un contorno que fomente e facilite a comunicación entre elas, cos seus proveedores e clientes

 

Axudar ás empresas asociadas na adquisición de hardware e software de última xeración que poidan utilizar para mellor a xestión dos seus negocios

Promover o deseño e execución de programas de adestramento que lles axude no emprego diario das ferramentas precisas para o axeitado desenvolvemento do proxecto

Proporcionar asistencia técnica para as PEMES que carecen de recursos tecnolóxicos propios