O proxecto Rede Aberta xorde ante a necesidade detectada por Compostela Monumental de crear un contorno comercial no casco histórico adaptado ás esixencias do mercado actual a través da incorporación das Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Dada a incapacidade da asociación de asumir o custo do proxecto por si soa, Compostela Monumental preséntalle Rede Aberta ao Instituo Galego de Promoción Económica, que aproba o proxecto o 18 de xullo de 2003.