¿Qué é Compostela Monumental?
Compostela Monumental é unha asociación sen ánimo de lucro constituída no ano 1992 por un grupo de empresarios do casco histórico compostelán. Creouse co obxectivo de representar, xestionar, defender e fomenta-los intereses dos comerciantes situados na zona vella da cidade compostelá.
¿Qué é o Centro Comercial Aberto?
O Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, pioneiro en Galicia, consiste na unión dos pequenos empresarios da zona monumental para ofrece-los servicios e vantaxes que pon a disposición do cliente unha gran superficie.
¿Cales son os servicios dos que poden beneficiarse os clientes do CCA?
Contan con servicios tales como entrega a domicilio,parking gratuíto a partir de 30€ de compra, eventos e campañas especiais, gardería para nenos, sorteos, actuacións na rúa,...
¿Desexa introducir nova faq?